lunes, 9 de julio de 2012

REFORMAS ECONOMÍA


A situación económica segue sendo mala, porque a pesar dos acordos alcanzados no seo da UE, o BCE non está a dar resposta ás necesidades dos países a través da compra de débeda soberana. España segue xerando dúbidas sobre o cumprimento dos obxectivos de déficit.

Por esa razón, o Goberno pide ás comunidades que continúen coa súa senda de reformas estruturais, principalmente en empresas públicas e administración paralela. Galicia, unha vez máis, fixo os seus deberes, reducindo de 150 a 73 estes organismos durante esta lexislatura. Galicia foi pioneira en reducir estes entes.

Galicia está mellor preparada que o resto de autonomías ante calquera medida de axuste que expoña o Goberno. A Xunta xa equilibrou o seu orzamento e non terá necesidade de máis recortes para cumprir co seu obxectivo de déficit. Os galegos deben saber que a boa xestión do presidente Feijóo e os esforzos colectivos nestes tres anos teñen recompensa.

Por outra banda, non contribuiremos a unha espiral de desinformación opinando sobre cifras de posibles despedimentos nas administracións públicas. Non é serio. Desde o PP, pedimos que se deixe traballar ao Goberno de España, cuxas medidas están a ser sempre guiadas polo interese xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario