martes, 24 de julio de 2012

IVE


A suba do IVE non é unha boa nova, pero o Goberno do Estado viuse obrigado a facelo para salvar unha situación de extrema dificultade e como a opción menos mala nestes momentos.

Cabe destacar, ademais, que esa obriga non ven de Europa, senón da herdanza recibida do anterior Executivo nacional. Se o déficit fose realmente do 6% e non do 8,9% con toda seguridade hoxe non estaríamos falando deste asunto.

Entendemos o esforzo que supón pero esperamos que este sexa recompensado coa mellora da situación económica de España e que esta repercuta nos cidadáns e nas empresas. 

Dentro da marxe que había, hai que salientar que se mantén o tipo superreducido do 4% para o consumo de produtos básicos.
A maior recadación agardada por IVE mellorará os ingresos xerais do Estado a de forma indirecta os de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario