Resulta sorprendente que o BNG centre o seu discurso na unidade do
nacionalismo e a súa fortaleza orgánica cando está máis roto que nunca, e onte
púidose evidenciar. Tres manifestacións, tres discursos, cada un polo seu lado.
A UPG segue recrudecendo a mensaxe dura do Bloque, e converteu ao aparentemente
moderado Jorquera nunha marioneta do sector radical.
O BNG non está lexitimado para dar leccións sobre o goberno cando non é
capaz nin de manter ordenada a súa casa, cada vez menos común para os
nacionalistas. Un partido do que seguen escindíndose día tras día cargos
orgánicos, que non contenta nin aos seus, non pode aspirar a ser solución para
os problemas da sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario