miércoles, 11 de julio de 2012

REFORMA CONCELLOS


A reforma da Lei de Bases de Réxime Local é necesaria e urxente. Non porque os concellos sexan os responsables do déficit, senón porque son a administración máis próxima ao cidadán e levan case trinta anos de atraso no proceso descentralizador do Estado. Temos que garantir e blindar as competencias que legalmente deben prestar aos seus veciños.

Tanto PP, PSOE, Goberno e FEMP coinciden en que é necesario delimitar as competencias dos concellos. Hai que acabar con duplicidades e solapamientos. Unha vez que aos concellos se lles retiren as cargas que supoñen os servizos impropios, deberían poder soster mellor aqueles que si son da súa competencia.

No entanto, desde Galicia temos algunhas obxeccións ao documento que o Goberno está a tomar como base para esta reforma. Non compartimos a obrigada supresión das mancomunidades, xa que algunhas si están a funcionar. A Fegamp tampouco apoia a cesión obrigatoria de competencias ás deputacións nin a fixación de soldos en cargos electos, xa que vulnera a autonomía local. Galicia tiña o acordo de fixar unha táboa salarial orientativa para os seus alcaldes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario