lunes, 2 de julio de 2012

SITUACIÓN ECONÓMICA


A reunión do Eurogrupo avalou as demandas de Italia e España.

As xestións do presidente Rajoy deron os seus froitos, e as medidas aprobadas aliviarán a presión dos mercados sobre a débeda soberana española. Na apertura das bolsas, a prima baixou máis de cincuenta puntos, ata caer por baixo de 500.

Entre os principais acordos están que a capitalización dos bancos sexa directa e non pase polo Estado, de modo que non afecte ao seu déficit nin lle compute como débeda, nin se lle esixan garantías ante posible falta de pagamentos. Será o BCE o que controle este crédito á banca. Ademais, esta débeda non será preferente, como pedían Rajoy e Monti.

E por último, o BCE a través dos fondos dos que dispón comprará débeda soberana dos países con dificultades, de modo que se garanta un financiamento a uns intereses razoables, que non afoguen o crecemento económico e que permitan aplicar ao mesmo tempo políticas de reactivación e investimento.

Europa puxo esta madrugada as bases para saír desta crise económica dunha vez por todas. As dúas grandes economías en risco, Italia e España, lograron unha histórica vitoria, que forxa a construción europea e encende unha luz ao final do túnel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario