O Goberno non pode conxelar a suba da luz xa que o Supremo mostrouse claramente contrario a
estas prácticas. É unha mala noticia para os fogares e as empresas, pero é
froito do déficit de tarifa que vén acumulando desde hai unha década. O
Ministerio de Industria tentará que a suba sexa a menor posible, para non
gravar así as economías familiares nestes tempos difíciles.
Tanto a pasada lexislatura como a comezos da actual, o Goberno conxelou
o seu tramo da factura da luz para evitar o prexuízo sobre o cidadán. O Supremo
ditaminou que estas conxelacións non eran legais e ordenou a súa supresión.
Isto provocou a subida de abril do 7%.
O Goberno traballa nunha profunda reforma do sector enerxético no noso
país, que elimine primas improductivas e abarate o custo da xeración de
electricidade, de modo que se vaia acabando paulatinamente co déficit
tarifario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario