Do discurso de Pachi Vázquez en Rianxo só se prestou atención á foto
saudando a José Blanco. É o único transcendente dun líder irrelevante, cunha
mensaxe intranscendente e que non soa crible. O partido que levou a España á
ruína económica, que en Galicia conseguiu ser só lembrado polo malgasto, non
está en condicións de ser alternativa.
É ofensivo para a memoria de Castelao e do galeguismo que Pachi fale de
autogoberno cando o seu partido apoiou o recurso de Zapatero contra a lei de
caixas de Galicia, cando se puxo ao lado do PSOE nunha reforma do carbón lesiva
para as empresas galegas, ou cando negou á Xunta respaldo para reivindicar o
financiamento que o anterior Goberno de España negaba a esta terra. O
galeguismo practícase e non se predica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario