martes, 14 de agosto de 2012

VILAGARCÍA


O actual goberno local de Vilagarcía é o máis austero do últimos vinte anos. Desde a chegada do PP, pasouse de seis a tres dedicacións exclusivas. O alcalde non só non se subiu o soldo, senón que o baixou respecto ao que tiña Javier Gago cando era alcalde. E tamén lle aplicou a rebaixa do 7% equivalente a unha paga extra, para equipararse aos funcionarios.
Fole rebaixou o gasto do gabinete, a pesar de que Gago converteu a persoal que debería ser de confianza e por tanto temporal, en fixos na nómina do concello. A última RPT recoñecía a tres acodes en gabinete, e unha delas está agora vacante, sendo cuberta por un funcionario.
Ademais do citado comedor, hai outras moitas actividades e accións sociais ás que apoia o goberno vilagarcián cos seus escasos recursos económicos, froito da nefasta xestión dos socialistas. Postos a comparar, o anterior tripartito gastaba catro veces máis en festivais de música que en comedores sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario