viernes, 10 de agosto de 2012

SOLDOS ALCALDES


Cremos que non se poden xeneralizar condutas illadas afastadas da austeridade e a responsabilidade en tempos de crises. A inmensa maioría dos alcaldes de Galicia de todas as cores políticas souberon estar á altura das dificultades que atravesan os seus veciños e rebaixar as súas retribucións.

No entanto, tampouco se pode pedir a un alcalde que abandone un posto de traballo fixo para dedicarse á actividade pública e perda poder adquisitivo. Coa crise moitos rexedores pasaron de traballar a tempo parcial a facelo a tempo completo.

Hai outros casos que poden ser máis inxustificables. Por iso, a Fegamp aprobou en novembro na súa Asemblea a creación dunha táboa salarial para autorregular as retribucións dos alcaldes de Galicia, unha proposta que levará mañá á FEMP para estender a toda España. Os políticos deben tomar decisións que os cidadáns entendan, e soldos excesivos en tempos de crises son inexplicables.


No hay comentarios:

Publicar un comentario