jueves, 13 de septiembre de 2012

Feijóo reuniuse con Durao Barroso e seis comisarios da UE na actual Lexislatura


O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse co presidente da Comisión Europea, Durao Barroso e con seis comisarios da Unión Europa na actual Lexislatura.

Ante as declaracións do candidato do PSOE, Manuel Vázquez, de que en dous días se reuniu con máis comisarios que Feijóo e o seu equipo, o Partido Popular de Galicia replica que iso só é certo na imaxinación do dirixente socialista e lémbralle ademais que, aparte dos encontros que mantivo o candidato popular, os conselleiros da Xunta reuníronse con seis comisarios máis.

Así, os populares galegos sinalan que Alberto Núñez Feijóo viaxou a Bruselas en outubro de 2009, novembro de 2010 e xaneiro de 2012 e, nestas viaxes, entrevistouse con Durao Barroso, co vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, e co comisario de Política Rexional, Johannes Hahn.

Ademais, reuniuse en Galicia co vicepresidente da Comisión Europea, Antonio Tajani, coa comisaria de Asuntos marítimos e pesca, Maria Damanaki, o comisario de Agricultura e desenvolvemento rural, Dacian Ciolos, e co comisario de Multilingüismo, Leonard Orban.

Así mesmo, a conselleira de Mar e Medio Rural citouse en varias ocasións coa comisaria de Asuntos Marítimos e Pesca, Maria Damanaki e co seu antecesor Joe Börg; o conselleiro de Cultura e Educación reuniuse con Androulla Vassiliou; o titular de Medio Ambiente, cos comisarios de Cambio Climático, Connie Hedegaard e de Medio Ambiente, Janez Potocnik; e a conselleira de Traballo e Benestar entrevistouse co comisario de Emprego e Asuntos Sociais, Laszlo Andor.

Cabe destacar, por outra banda, que Feijóo tamén mantivo reunións nas súas visistas a Bruselas co anterior presidente do Parlamento Europeo, Jerzy Buzek; coa presidenta da comisión de política rexional da Cámara europea, Danuta Hubner; coa anterior presidenta da Comisión de Pesca, Carmen Fraga; coa presidenta do Comité das Rexións, Mercedes Bresso; así como cos representantes permanentes de España ante a UE que se sucederon ao longo do seu mandato, Luis Planas e Alfonso Dasti.

Pola súa banda, o único que logrou Manuel Vázquez é entrevistarse con dous comisarios dos que non sacou absolutamente nada salvo unha foto electoral e, neste senso, é unha mágoa que non puidera sacarlle algún compromiso principalmente ao seu ex xefe de filas, Joaquín Almunia, respecto a cuestións como o naval ou as preferentes.

As 24 horas de Manuel Vázquez fóra de Galicia só lle serviron para desconectar das tensións e do seu partido das últimas semanas, nas que foi elixido candidato coa nariz tapada e as súas listas aprobáronse cunha fortísima contestación interna.

Só en Europa Vázquez é máis irrelevante do que o é en Galicia e, por tanto, que tres cargos socialistas accedesen a deixarse ver con el non quere dicir que teña ningunha clave para resolver problemas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario