Novas Xeracións preparou o vídeo Zas en toda la boca que pretende reflectir dun modo irónico a importante vitoria de Alberto Núñez Feijóo sobre o candidato socialista, Manuel Vázquez, no debate electoral celebrado onte na Televisión de Galicia.
O vídeo está pensado para amosar as contradiccións do candidato socialista, as súas mentiras, a súa falta de respeto con constantes interrupcións durante o turno de palabra no candidato popular, a súa falta de rigor, de sinceridade e de preparación do debate.
Este traballo pon ao descuberto mentiras como as proferidas respecto ao hospital público de Vigo que, segundo Vázquez, non se está a levar a cabo, cando a realidade é que xa ten avanzada a súa estrutura.
Así mesmo, tamén apunta ás dúbidas interesadas verquidas por Vázquez en torno ao contrato con Pemex, que Feijoo despexou por completo onte, lendo a carta que o conselleiro-delegado da petroleira lle remitiu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario