- NNXX felicita ao seu secretario xeral, Juan Francisco López, polo nomeamento como coordinador de Xuventude do PPdeG
- Javier Dorado sinala a participación de NNXX na folla de ruta do partido para os próximos anos a través das emendas ás ponencias aprobadas polo partido
- Fai fincapé na emenda sobre a exención de pago da cota da militancia aos estudantes menores de 25 anos sen ingresos, en función da situación familiar
- Agradece as palabras de apoio e recoñecemento de Alfonso Rueda cara a labor de Novas Xeracións
O presidente de Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado, destaca a presenza que a organización xuvenil tivo no XV Congreso do PPdeG.
Así, Javier Dorado, quen ademais participou na inauguración do cónclave que tivo lugar en Lugo esta pasada fin de semana, sinalou a participación de Novas Xeracións na configuración da folla de ruta do partido para os próximos anos a través da aprobación de varias das emendas que presentou ás ponencias do Congreso.
Con respecto a isto, Dorado fai fincapé na aprobación da emenda á ponencia sobre os Estatutos do partido, na que Novas Xeracións propoñía que no apartado das exencións de pago da cota da militancia se incluíse aos estudantes menores de 25 anos sen ingresos, en función da situación familiar.
Por outra banda Novas Xeracións quere felicitar ao seu secretario xeral, Juan Francisco López, polo seu nomeamento como coordinador de Xuventude no seo do PPdeG.
Para a organización xuvenil, é todo un orgullo que Alberto Núñez Feijóo decida contar cun dos seus membros máis destacados para que sea o altofalante das necesidades e inquedanzas dos máis novos dentro do partido.
Por outra banda, Novas Xeracións agradece as palabras de apoio e recoñecemento que o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, dedicou na súa intervención á organización xuvenil.
Novas Xeracións amósase satisfeita de poder traballar cóvado con cóvado co partido e seguirá traballando duro para ser unha correa de transmisión entre o PPdeG e a xuventude galega.

No hay comentarios:
Publicar un comentario