lunes, 11 de marzo de 2013

In Memoriam #11M


Hoxe cúmprense 9 anos dun día que ningún español olvidará nunca. Unha abominable sinrazón truncaba os soños, os proxectos e as ilusións de 192 persoas. Todos quedamos marcados por esa data, todos lembramos onde estabamos ese día, qué facíamos e a sensación de auténtico horror que nos invadiu ao coñecer a noticia. 

Queremos mandar un enorme abrazo a todas as familias que perderon a un ser querido en atentados terroristas. Nada compensará nunca esa ausencia. 

Por iso, pensando na dor desas familias e nas vidas que foron cruelmente sesgadas, é preciso que todos nos unamos nunha soa voz contra o terrorismo, para deixar claro que a violencia non ten cabida nunha sociedade civilizada e democrática e que nunca será a vía para conseguir nada. 

A unión fai a forza. Unámonos contra esta lacra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario