O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, PRIORIZAR A AMPLIACIÓN DA AP-9 EXCLUSIVAMENTE NO TRAMO DA PONTE ENTRE A PEAXE E A CONEXIÓN DA VÍA DO MORRAZO
• O PPdeG lamenta a “blindaxe vía Real Decreto” que fixo o anterior ministro socialista de Fomento, José Blanco, por interese “puramente electoralista para o alcalde de Vigo” modificando a concesión da AP-9 para a ampliación da capacidade nos treitos de Rande e Santiago Norte-Sur cun incremento extraordinario nas tarifas e grandes impactos en Chapela e Redondela
• Segundo o voceiro de Infraestruturas, Gómez Alonso, “no PPdeG seguimos creendo prioritarias as autovías A-57 e A-59, ambas en fase de proxecto, para a vertebración do litoral galego” e nese sentido anunciou que presentarán iniciativas para o eu debate no Parlamento
O Parlamento aprobou, na sesión plenaria celebrada onte e a iniciativa do PPdeG, que a Xunta se dirixa ao Ministerio de Fomento para priorizar a ampliación da AP-9 en Rande exclusivamente na parte da ponte, no tramo comprendido entre a área de peaxe de Rande e a conexión coa vía do Morrazo. Así mesmo na iniciativa aprobada se solicita que se analice e se poñen en práctica as medidas necesarias para minimizar o impacto da Ap-9 ao seu paso pola zona de Chapela.
O voceiro de Infraestruturas do PPdeG, Gómez Alonso, lamentou na súa intervención a “blindaxe vía Real Decreto” que fixo o anterior ministro socialista de Fomento, José Blanco, por interese “puramente electoralista para o alcalde de Vigo” modificando a concesión da AP-9 para a ampliación da capacidade nos treitos de Rande e Santiago-Norte Sur cun incremento extraordinario nas tarifas e grandes impactos en Chapela e Redondela. Cualificou esta de “herencia envenenada que en termos legais blindaba e limitaba para evitar as afeccións en Chapela e Redondela”.
Con esta iniciativa, indicou o voceiro popular, tratamos de limitar esa blindaxe priorizando exclusivamente esa parte da ponte para minimizar as afeccións e en coherencia co noso discurso político “que sempre defendeu o mesmo, pola contra dos criterios variables dos socialistas e nacionalistas”.
Gómez Alonso indicou que “no PPdeG seguimos crendo prioritarias as autovías A-57 e A-59, ambas en fase de proxecto, para a vertebración do litoral galego, nas que o Ministerio está procedendo a unha análise da planificación, tendo en conta as circunstancias económicas e aas previsións de tráfico. Nese sentido anunciou próximas iniciativas parlamentarias para priorizar a construción desas autovías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario