viernes, 17 de mayo de 2013
NNXX pon en valor a lingua como elemento de unión do pobo galego fronte aos que intentan utilizala para dividir
· Os mozos e mozas de NNXX empregarán as redes sociais para difundir a mensaxe e, concretamente en Twitter, empregarán o hashtag #alinguaquenosune
· Para Javier Dorado, a defensa e promoción da lingua galega é unha tarefa que lles compete especialmente aos máis novos, para que esta siga perdurando no tempo
· Cre que a lingua é un activo para o futuro da mocidade tanto a nivel laboral como a nivel cultural. Permite seguir medrando sen perder a identidade de Galicia e tamén fai posible dar o salto a outras linguas como o portugués
Novas Xeracións pon en valor a lingua propia de Galicia como elemento de unión do pobo galego fronte a aqueles que intentan utilizala para establecer divisións.
A organización xuvenil pon en marcha, con motivo da celebración mañá do Día das Letras Galegas, a campaña A lingua que nos une, coa fin de destacar o carácter identitario do idioma galego, máis alá do seu indubidable valor cultural.
Así, os mozos e mozas de Novas Xeracións empregarán as redes sociais para difundir a mensaxe central desta campaña e, concretamente en Twitter, empregarán o hashtag #alinguaquenosune.
Para esta formación, a lingua galega identifica á comunidade galega como pobo e funciona como elemento de unión a través do tempo e do espazo.
A través do tempo, porque é a lingua que deixaron en herdanza os nosos devanceiros a través de séculos de historia; e a través do espazo, posto que nos achega a aqueles galegos que un día tiveron que emigrar e establecerse lonxe da súa terra, pero que levan alá onde van a fala galega.
Para o presidente de NNXX, Javier Dorado, a defensa e a promoción da lingua galega é unha tarefa que lles compete especialmente aos máis novos, para que esta siga perdurando e transmitíndose xeración tras xeración.
Para Dorado, contar cunha lingua propia é algo que enriquece á nosa comunidade e, neste senso, asegurou que o porvir é plurilingüe, polo que é preciso fomentar a convivencia pacífica entre as linguas. Con respecto a isto, lamentou a pouca amplitude de miras daqueles que empregan a lingua atendendo a intereses partidistas.
Para o presidente de NNXX, a lingua é un activo para o futuro da mocidade tanto a nivel laboral como a nivel cultural. Permite seguir medrando sen perder a identidade de Galicia e tamén fai posible dar o salto a outras linguas como o portugués.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario