jueves, 9 de mayo de 2013

Puy lamenta que o PSdeG rexeite apoiar o reparto obxectivo de obxectivos de déficit

O portavoz popular avogou porque no proceso de negociación se adopten criterios obxectivos que non prexudiquen ás autonomías que cumpriron os compromisos de déficit


PEDRO PUY LAMENTA QUE OS SOCIALISTAS REXEITEN NO PARLAMENTO APOIAR O REPARTO DOS OBXECTIVOS DE DÉFICIT DAS COMUNIDADES CON CRITERIOS OBXECTIVOS QUE BENEFICIEN A GALICIA


O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, lamentou onte que os socialistas rexeitaran pactar co seu grupo no Parlamento unha proposición non de lei para que no reparto dos obxectivos de déficit entre as comunidades autónomas se utilicen criterios obxectivos que beneficien os intereses de Galicia “e preferiran pactar co BNG para cuestionar o pacto de estabilidade europeo”.


Pedro Puy salientou que “o que lle convén a Galicia é que non sexa prexudicada polo feito de ter cumprido os compromisos de déficit, polo que no proceso de negociación para ampliar o déficit público das comunidades autónomas débense adoptar criterios obxectivos”.


“O debate que hai neste momento no Consello de Política Fiscal e Financeira, unha vez que o Goberno decidiu ampliar o obxectivo de déficit para as comunidades autónomas do 0,7 ao 1,2 do PIB, é como se reparte este novo obxectivo de déficit entre as comunidades autónomas e que o criterio sexa obxectivo e non prexudique ás comunidades cumpridoras”, indicou.


Por este motivo, o portavoz popular lamentou que “os socialistas preferisen non apoiar a demanda da Xunta de que o reparto se faga de acordo co que a Galicia, como comunidade cumpridora dos obxectivos de déficit, lle interesa e pactaran co BNG un texto que critica o Tratado de Estabilidade e Crecemento da Unión Europea que eles mesmos apoiaron no seu día e formalmente seguen a apoiar”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario