É unha boa
noticia pero non é unha noticia perfecta. Despois de coñecer o último
comunicado da banda terrorista ETA, as primeiras palabras teñen que ser en recoñecemento
e en recordo das vítimas do terrorismo e, por suposto, as súas familias.
A ETA a
derrota a fortaleza do Estado de Dereito e a fe na democracia de todos os
españois
É unha boa
noticia coñecer a decisión de ETA de renunciar definitivamente á violencia.
Supón un paso moi importante, pero a tranquilidade só será completa con
disolución irreversible de ETA e o seu completo desmantelamento.
O anuncio da
desaparición de ETA é o froito do esforzo e da determinación do conxunto da
sociedade española.
Non temos
nada que agradecerlle a ETA. Levan matando de xeito indiscriminado dende fai 50
anos.
Se temos que
agradecerlle o seu traballo ás forzas e corpos de seguridade do Estado, aos
xuíces e fiscais e a todos os que creron na lei e no Estado de Dereito.
Onte abriuse
unha porta á esperanza. Esperemos que esa porta á esperanza se concrete e se
cristalice en feitos: a disolución definitiva de ETA e a das armas e das bombas
que aínda teñen.
Se todos
estamos unidos estamos convencidos de que o Estado de Dereito gaña sempre,
antes ou despois, pero sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario