1. O PPdeG consolídase como a forza maioritaria da Comunidade. Así, se
en 2008 a suma do PSOE e BNG superaba ó PP en case 120.000 apoios; desta volta
o PP logrou máis de 220.000 votos que socialistas e nacionalistas xuntos,
duplicando prácticamente o número de escanos que eles lograron.
2. O PPdeG consegue a maior porcentaxe de deputados logrados nunca cun
65%. Dous de cada tres parlamentarios galegos que senten no Congreso dos
Deputados serán do PPdeG.
3. O PPdeG supera o 50% dos votos nas catro provincias galegas.
Ademais, logra subir en todos os territorios da Comunidade respecto ás pasadas
eleccións xerais de 2008.
4. O PPdeG é a forza máis votada en 307 dos 315 municipios galegos. É
dicir, en case o 98% dos concellos de Galicia.
5. O PPdeG é a forza máis votada nas sete cidades galegas. Sobe 6
puntos no voto urbano respecto a 2008, superando ao PSOE en case 15 puntos.
6. O PPdeG rexistra a cuarta suba en porcentaxe de votos de todas as
comunidades. A segunda se se ten en conta que en Aragón e en Extremadura o PP
concorría en coalición con outras forzas políticas.
7.Das comunidades que teñen outorgado representación parlamentaria a
máis de dúas forzas, Galicia é a segunda en porcentaxe de voto.
8. O PPdeG supera en aproximadamente 8 puntos a media lograda polo
patido a nivel estatal. Concretamente Lugo medrou máis de 11 puntos na
porcentaxe de voto respecto a 2008.
9. O PPdeG aspiraba a subir catro deputados e logrouno. O BNG aspiraba a
manter a súa representación parlamentaria. Logrouno. O PSdeG aspiraba a ter un
mellor resultado que o PSOE a nivel estatal. Non o logrou. De feito, o PSOE
tivo máis dun punto de porcentaxe de voto que o PSdeG.
10. Un militante do PPdeG, un galego, vai a ser o próximo presidente do
Goberno de España: Mariano Rajoy.
No hay comentarios:
Publicar un comentario