martes, 29 de noviembre de 2011

SANIDADE


Desaconsellamos que se introduzan fórmulas de copago por consultas, probas diagnósticas ou estancias hospitalarias e apostamos por seguir buscando eficiencias no sistema sanitario, como supuxo o Catálogo priorizado de medicamentos, sen o cal habería unha desviación de 100 millóns de euros este ano nas contas públicas da Xunta.

Por outra banda, lembramos que o debate sobre a financiación da sanidad leva sobre a mesa desde 1995, co "informe Abril Martorell” e nestes momentos a débeda do sistema sanitario español ascende a 18.000 millones de euros.

A esta débeda hai que sumarlle o déficit real de España, o déficit tarifario eléctrico e outras sopresas en distintos ámbitos que pode haber. Por iso, é esperanzador que Rajoy vaia reunirse coas comunidades autónomas para estudar as medidas necesarias para a recuperación económica.

A nosa postura en canto á sanidade é racionalizar o consumo farmacéutico, loitar contra o fraude, entre outras medidas, o que deriva en que o Goberno galego continúa construíndo hospitais e centros de saúde a pesar da crise e permitirálle tamén anunciar próximamente unha obra importante no ámbito da sanidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario