jueves, 3 de noviembre de 2011

CORREDOR ATLÁNTICO


Xa trasladamos ao Ministerio de Fomento a nosa preocupación pola marxinación dos portos de Vigo e Ferrol da  rede básica europea de transporte de mercadorías.

Con respecto a isto, é sorprendente que se inclúa na rede o porto da Coruña e non os de Vigo e Ferrol-San Cibrao. Por outra banda, o porto de Vigo non queda integrado no Corredor Atlántico mediante unha liña que pertenza á rede básica

Ademais, non aparece nin a Plisan nin a plataforma loxística que prevista no entorno da Coruña, de acordo co que se recolle no Plan Estratéxico para o impulso do Transporte Ferroviario de Mercancías de España.

Fomento ten que explicar o contido da proposición que o Goberno de España elevou á Comisión Europea, así como as medidas que vai adoptar para solucionar as deficiencias detectadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario