lunes, 26 de diciembre de 2011

AVE


O problema do AVE a Galicia é que estamos nas portas do ano 2012 e aínda quedan por licitar case 1.500 millóns de euros do Pacto do Obradoiro que tiñan que estar licitados en 2010 por José Blanco.

Confiamos en que o Goberno de Mariano Rajoy cumprirá o seu compromiso co AVE a Galicia. Será o novo goberno quen licite, adxudique e pague os preto de 5.000 millóns de euros que o Goberno saínte deixa pendentes.

Consideramos que é unha xusta esixencia reivindicar o mesmo AVE que Andalucía ten desde hai dúas décadas: así se fixo cando estabamos na oposición, así o fixemos cando entramos na Xunta e así o seguiremos reclamando ao novo Executivo central.

Faltan 326 kilómetros para que os galegos poidan percibir os beneficios e oportunidades do AVE galego

No hay comentarios:

Publicar un comentario