jueves, 29 de diciembre de 2011

BARREIRO- VOCEIRO NO SENADO


Felicitamos a José Manuel Barreiro, vicepresidente da nosa formación e presidente provincial do PP de Lugo, polo seu nomeamento como voceiro do Senado. 

Para o Partido Popular de Galicia é un orgullo que un dos seus membros vaia ser o representante dos senadores galegos e españois que constituirán a Cámara Alta na lexislatura que comeza.

Agradecemos a confianza que a cúpula do PP en Madrid deposita na formación galega.

Estamos seguros de que Barreiro levará a cabo unha excelente labor de representación no Senado e congratámonos de que os membros do PPdeG conten con credibilidade e boa imaxe en Madrid.

Galicia demostrou ser unha comunidade emblemática para a victoria do PP en España, ademais de ser a pioneira no cambio que se iniciou o 1 de marzo de 2009 e agora vai ser clave tamén nos órganos de poder estatais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario