As imaxes da trifulca no Parlamento entre deputados socialistas din
todo da súa catadura moral.
Quen representa aos galegos nunha institución coma o Parlamento non poden
comportarse dese xeito.
O que Galicia e España precisan nestes intres son dirixentes centrados
nos problemas reais das persoas e, sobre todo, con máis ganas de atopar
solucións que unha colocación para os seus compañeiros de filas.
A sociedade falou alto e claro: o embiguismo, o curtopracismo e as
miras sen altura non teñen cabida xa en ningún lugar. Os que non teñan
capacidade de entender isto están condenados a colleitar sempre o mesmo
resultado, e no caso do PSdeG este non foi bo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario