lunes, 30 de enero de 2012

DATOS EPA


Taxa paro EPA:

Media 2011: Galicia/17,4 % -- España/21,6%
Media 2010: Galicia/15,4% --  España/20,07%

Cuarto trimestre 2011: Galicia/18,3% -- España/22,85%
Cuarto trimestre 2010: Galicia/15,69% -- España/20,33%


A taxa de paro en Galicia, segue a estar máis de catro puntos por debaixo da taxa de paro do conxunto de España, en concreto 4,55 puntos por debaixo ( 18,3 en Galicia fronte ao 22,85 do conxunto do Estado).

Galicia, é a sexta Comunidade Autónoma con menor taxa de paro.

Galicia reduce o número de ocupados en menor medida que a media do Estado (1,30  fronte ao 1,92  do Estado).

Polo que se refire ao número de parados o incremento da Comunidade Autónoma de Galicia, está na media Estatal (6,1  Galicia fronte ao 5,93 do Estado).

Cifras:

Galicia remata o ano 2011 cunha media de taxa de paro do 17,4 % fronte á media do Estado, que se sitúa nun 21,6 por cento. Isto é, a Comunidade autónoma pechou 2011 cun comportamento mellor con respecto á media do Estado.

Cuatro cuatrimestre: A taxa de paro en Galicia sitúase no 18,3% fronte á taxa de paro en España que está situada no 22,85%. Isto é, a pesares da subida en Galicia –do 1,1 puntos con respecto ao terceiro trimestre de 2011- Galicia segue a manter o diferencial positivo en 4,5 puntos.

Aínda que os datos non son positivos, hai que ter en conta que nos dous últimos trimestres de 2011 en Galicia aumentamos o diferencial con respecto ao Estado.  Neste trimestre en 4,5 puntos.

A taxa de paro subiu en Galicia en 1,1 puntos fronte aos datos rexistrados no terceiro trimestre (a taxa de paro no terceiro trimestre foi do 17,2 por cento). A taxa de paro en España subiu en 1,33 puntos polo que o seu incremento é maior.

Polo tanto,  a destrucción do emprego en Galicia é menor que no conxunto do Estado.

Con esta taxa, Galicia é a sexta comunidade coa taxa de paro máis baixa. As taxas de paro máis altas son en Andalucía (31,23%), Canarias (30,93%) e Estremadura (28,59) e as CCAA con taxas de paro máis baixas son País Vasco (12,61%), Navarra (13,82%) e Cantabria (15,93).

Isto sitúa o número de parados, segundo a Enquisa de Poboación activa, en 240.400  persoas en Galicia (en paro rexistrado o número de parados á 31 de decembro de 2011 é de 258.234).

Este dato supón en Galicia un aumento no cuarto trimestre de 13.900 desempregados con respecto ao terceiro trimestre de 2011, o que supón un incremento do 6,1 por cento.

En España, esta cifra ascende a 5.273.600 persoas. No conxunto do Estado o paro increméntase en 295.300 persoas, o que supón un aumento do 5,93 por cento. Polo tanto, e con referencia ao cuarto trimestre o incremento de Galicia está na media do Estado.

En termos absolutos e relativos con respecto ao terceiro trimestre de 2011 Galicia é a novena comunidade autónoma na que menos sube o paro.

En termos relativos, polo tanto, encabezan a destrución do emprego no cuarto trimestre Illas Baleares con 33,67, Estremadura cun 22,73 por cento e Navarra cun 17,38 por cento.

En Galicia, prodúcese tamén no cuarto trimestre de 2011 un descenso do número de activos  en 200 persoas e descende o número de ocupados (14.100). Neste cuarto trimestre existen 1.313.300 persoas activas (en idade de traballar) e 1.072.900 persoas ocupadas.

Con respecto ao número de ocupados, Galicia perde neste último trimestre 14.100 ocupados, un descenso do 1,30 por cento menor que o descenso a nivel estatal do número de ocupados que é do 1,92 por cento. (348.700 ocupados menos). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario