martes, 31 de enero de 2012

MARCHA BALTAR


O PP quere expresar o seu máis sincero agradecemento a José Luís Baltar pola súa entrega ao partido e o seu constante traballo para facer de Ourense unha das provincias con mellores resultados electorais en calquera eleccións que se celebrasen. Gañou 38 comicios sempre de forma avultada. Terá sempre o recoñecemento da familia popular por un extenso labor a favor dunhas siglas e dun proxecto político.

Trátase dunha decisión persoal, como el mesmo asegurou onte durante a súa rolda de prensa. O PP respecta a súa decisión de abandonar a primeira liña da política tras máis de tres décadas dedicadas ao servizo público. Faino deixando ao PP de Ourense nunha situación moi saudable, cunha gran implantación no territorio, con cifras históricas de respaldo cidadán nas urnas.

(Sobre as supostas críticas á dirección rexional)

Temos por seguro que José Luís Baltar facía unha reflexión xenérica da política e non dirixía crítica algunha a dirixentes do partido. As súas relacións coa dirección rexional sempre foron cordiais e estiveron presididas polo respecto. De calquera modo, non é momento de valorar anécdotas illadas senón de agradecer todo o que Baltar deu ao PPdeG. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario