viernes, 13 de enero de 2012

FUSIÓN DOS CONCELLOS


Hai xa máis dun ano que o Goberno galego abriu o debate sobre cooperación municipal e mancomunar servizos e traballa en impulsar todo tipo de iniciativas de cooperación e colaboración que se produzan entre concellos.

Consideramos que o debate debe abrirse a nivel estatal dentro da Lei de Réxime Local, porque é necesario configurar un Estado forte, solidario e ecuánime. É necesario, sobre todo, un proceso de diálogo e que se promova un acordo nacional que implique ao Goberno central, ás autonomías e á Administración local para asumir a realidade, gobernar con sentido común e recuperar a unidade.

Destacamos tamén o papel fundamental das deputacións neste tema e lembramos que hai un decreto do Goberno galego, que entrará en vigor en 2012, para regular a concesión de subvencións ás administracións locais, que ademais de primar no reparto aos municipios que mancomunen servizos, excluirá aos que non rindan contas de forma anual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario