viernes, 24 de febrero de 2012

BOICOT HOMENAXE FRAGA


É un acto dunha profunda intolerancia por parte de quen non acaban de comprender os alicerces básicos da democracia: o respecto cara a quen pensa diferente. É unha vergoña que uns poucos campen pola universidade pública boicoteando actos nos que participan dirixentes do Partido Popular.

Aínda é máis denunciable cando membros da Executiva do BNG participaron neste boicot a un acto en memoria dun recentemente falecido, que foi presidente de Galicia durante 14 anos. O PP demanda á dirección nacionalista que desautorice o comportamento da presidenta de Galicia Nova e que controle algo máis ás súas mocidades, para evitar actos antidemocráticos.

E máis aínda nunha homenaxe a unha personalidade da talla de don Manuel Fraga, tan intimamente relacionado co mundo universitario, que sempre o recoñeceu como un dos seus condecorándolo cunha quincena de doutoramentos honoris causa.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario