É un documento necesario e valente, aprobado o venres por un Goberno
decidido a combater a taxa de cinco millóns de desempregados que herdou do
PSOE. Flexibiliza un ríxido mercado laboral no que non había marxe para que as
empresas cren emprego, estimula a autónomos e pemes para contratar ao primeiro
traballador, incentiva os contratos a mozos, fomenta a recolocación de
traballadores que sufran un ERE, combate a fraude e a economía mergullada ou
consolida a formación. É a reforma que España necesita para crear emprego no
momento que a economía despegue de novo.
O PSOE non está lexitimado a criticar esta reforma laboral, despois de
fracasar na que impuxo hai dous anos unilateralmente, e que se saldou cun
millón máis de parados. A inercia do mercado laboral encamiñábase ao desastre,
un caos froito da nefasta xestión socialista que o PP e Mariano Rajoy tentan
atallar con esta reforma. Quen conduciu a España ao maior desemprego da súa
historia non pode criticar nada, e iso é extensible a Pachi Vázquez e o PSOE
galego.
O Goberno trasladará hoxe aos sindicatos o contido da reforma, para
tentar alcanzar puntos de acordo e evitar tensións sociais que repercutirían na
marcha da economía. En calquera caso, fronte a un PSOE que non atopou nin un só
apoio para a súa fracasada reforma, o PP está seguro de que outros partidos
entenderán a necesidade desta nova normativa, e así a apoiarán no Congreso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario