jueves, 2 de febrero de 2012

DÉFICIT


(O FMI manifestou as súas dúbidas de que España vaia a cumprir co déficit do 4,4% que se acordou na UE).

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, asegurou desde Portugal que para España non hai outro obxectivo que cumprir cos nosos compromisos como país e finalizar 2012 coa cifra de déficit pactada. As dúbidas que poida haber en institucións do exterior non son senón un aliciente para traballar e demostrar do que é capaz este país. A confianza que xera o novo Goberno está demostrada nos mercados, que en cada poxa de débeda pública paga ostensiblemente menos.

Desde Galicia, os populares temos a firme convicción de que a Xunta está igualmente comprometida cos retos do Goberno de España, e fará todo o posible para cumprir cos obxectivos que se fixen de déficit. Xa o demostrou no últimos tres anos, pechando os exercicios como a única comunidade xunto a Madrid que cumpría coa estabilidade orzamentaria.
O presidente Feijóo xa se comprometeu onte a que, no caso de que haxa que acometer máis axustes, os primeiros interlocutores serán os axentes sociais e os sindicatos. A crise é un problema de todos, e entre todos temos que solucionalo, achegando propostas e asumindo pequenos esforzos que garantan uns servizos públicos de calidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario