viernes, 3 de febrero de 2012

DELEGACIÓNS XUNTA EXTERIOR


A Xunta estaría a estudar a proposta do ministro de Asuntos Exteriores de trasladar o persoal das súas delegacións no exterior ás Embaixadas de España (informa hoxe Faro, citando fontes da Consellería de Presidencia).

O PP ve con bos ollos que se adopten medidas de aforro tamén no ámbito da atención aos nosos emigrantes. Lembramos que Galicia non ten embaixadas. O PP defende as delegacións da Xunta no exterior, que non posúen carácter identitario algún, como podería ocorrer coas embaixadas vascas ou catalás, senón centros de atención aos seus emigrantes, centos de miles repartidos por Sudamérica e Europa. Outros necesitan colgar a súa bandeira no estranxeiro para darse a coñecer, pero Galicia xa conta cos mellores embaixadores do mundo que son os seus emigrantes.

A Xunta quere estudar en detalle a proposta que faga o Ministerio de Exteriores. En todo caso, desde a chegada de Núñez Feijóo, o custo das delegacións de Buenos Aires e Montevideo reduciuse á metade respecto da época do bipartito. É dicir, o PP xa sabe que é prestar os mesmos servizos aos nosos emigrantes cun menor custo para as arcas autonómicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario