miércoles, 29 de febrero de 2012

GASTO FARMACIA SERGAS


O Sergas gastou o ano pasado en fármacos 14 millóns de euros máis do orzado (La Voz). Trátase dun desaxuste contable froito da suspensión do catálogo priorizado de medicamentos que impuxo o Tribunal Supremo tras o recurso político que presentou o Goberno de Zapatero contra Galicia.

Durante o catro meses que estivo suspendido o catálogo, Galicia deixou de aforrar aproximadamente 40 millóns de euros, que agora vemos que conduciu á Xunta a un desequilibrio orzamentario. Unha vez máis, as accións do PSOE e do anterior Goberno prexudicaron aos intereses de Galicia.

O PP destaca que o catálogo foi unha ferramenta moi útil, que contou co apoio dunha maioría reforzada do Parlamento de Galicia, e que permitiu xerar un aforro que se destinou a atención primaria. Foi un exemplo máis dunha xestión eficiente dos recursos públicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario