Son medidas de eficiencia para a Administración. Perseguen un triple
obxectivo:
Permiten manter os salarios dos
empregados públicos (consideramos máis xusto estas medidas que baixar de novo as
retribucións, como xa fixo o anterior Goberno central e recentemente Cataluña).
Permiten
blindar a prestación dos servizos públicos esenciais.
Permiten un aforro de entre 75 a
85 millóns ao ano.
Son medidas temporais (obxecto de revisión aos 2 anos atendendo a
magnitudes económicas -evolución do PIB-)
e que se toman nun momento de grandes dificultades económicas.
Afectan a situacións que podían
ser sostibles en épocas de bonanza, pero que neste momento temos que modificar
para manter os salarios. Hai que lembrar que o capítulo de persoal absorbe máis
do 40% do orzamento da Xunta.
O primeiro esforzo recae nos ex
altos cargos, que son os únicos que ven diminuídas as súas retribucións, coa
suspensión do plus de altos cargos. Só o fixo Galicia e outra comunidade.
Facúltase ao Consello da Xunta para revisar as retribucións de calquera tipo
que perciben os directivos dous entes intrumentais.
Todas as medidas aprobadas xa
están implantadas noutras comunidades. Non contén ningunha medida adicional e o
seu impacto é igual ou inferior ao que teñen noutras autonomías.
Non terán repercusión na
prestación do servizo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario