Os socialistas xa dan por feito que a cidadanía volverá confiar
maioritariamente no presidente Feijóo nas próximas eleccións galegas, e por iso
nin se molestan en buscar unha alternativa a Pachi Vázquez, o seu suposto líder
e cuxa xestión cuestiona medio partido.
O PSOE é unha formación sen proxecto, sen líder e, o que é peor, sen
alternativas a Pachi, que está máis preocupado por solucionar os seus problemas
internos que en presentar propostas para contribuír a saír desta crise. Esta
non é a oposición que necesita Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario