lunes, 5 de marzo de 2012

REFORMA LABORAL



Lamentamos que os sindicatos protesten contra a reforma laboral e non contra os dous millóns máis de parados que deixou en España a esquerda. Durante a pasada lexislatura, os sindicatos saíron á rúa case pedíndolle perdón ao Goberno de Zapatero. E desde o 20-N, estiveron buscando unha escusa para tentar gañar con mobilizacións o que perderon nas urnas. Esta non é a solución para combater o paro.

O PP lembra que a reforma laboral, aprobada inicialmente como Real Decreto-ley, será debatida e tramitada nas Cortes como Proxecto de Lei, para que todos os grupos políticos poidan presentar as súas propostas. Pero o que temos claro os populares é que continuar coas fracasadas políticas laborais do PSOE, que levaron a España a ter máis de cinco millóns de parados, era insustentable.

Mariano Rajoy dixo onte que a reforma é “xusta, boa e necesaria”. Os populares entendemos que era necesario un cambio de rumbo decidido no mercado laboral, que o flexibilizase e acabase coa solución do despedimento como fórmula empresarial para alixeirar custos. Estamos convencidos que a reforma será o instrumento óptimo para a creación de emprego no momento no que a economía volva crecer, aínda que iso esixa pequenos sacrificios a quen xa teñen un traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario