O presidente Feijóo trouxo máis compromisos de Moncloa con apenas 80
días transcorridos de lexislatura que en todo o mandato de Zapatero. Galicia
recibiu onte boas noticias de Mariano Rajoy, que demostrou unha vez máis o seu
compromiso coa súa terra.
Sobre a data da AVE, impúxose a sensatez. Rajoy non quere enganar máis
aos galegos con prazos falsos, cheos de fume e débedas impagadas. Rajoy
comprometerase persoalmente con esta infraestrutura e comunicará el mesmo a
data que decida o Goberno. E non será un anuncio baleiro, senón que como sempre
fixo o PP, virá cunha memoria económica e co diñeiro necesario para pagar as
obras.
Contra os que dicían que Feijóo non sería reivindicativo, o presidente
da Xunta reclamou unha vez máis unha reforma do sistema de financiamento
autonómico, para que este sexa “xusto” con autonomías como Galicia, cun maior
gasto na prestación de servizos pola dispersión e o envellecemento poboacional.
No caso de NGB, o presidente Feijóo presentou a Rajoy a necesidade de
que se permita á entidade galega lograr o capital imprescindible para a súa
viabilidade a través de fondos estranxeiros. Rajoy apoiou este plan, aínda que
a última palabra tena o Banco de España como regulador do sector financeiro.
Outro compromiso fundamental para Galicia é o adquirido por Rajoy co
naval. O Goberno presentará en breve prazo outra alternativa ao “tax lease”
para manter a competitividade dos estaleiros galegos. En apenas dous meses, o
Ministerio de Industria vai levar dous textos alternativos a Bruxelas. O
anterior Goberno agonizou case un ano sen mover un dedo polo naval. Sobre o
dique flotante, a Xunta está a xestionar intensamente este proxecto ante o
Goberno de España, como onte explicou o conselleiro Guerra aos sindicatos.
Ademais, Rajoy deu a súa palabra de que o parador de Muxía construirase
nesta lexislatura. cala así a boca a quen quixeron dar leccións esta semana de
compromisos políticos, e non se acordaron este proxecto salvo no tempo de
desconto da pasada lexislatura, tras telo sete anos nun caixón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario