Os
datos de déficit público demostran que o Goberno de Zapatero mentiu a todos os
españois e aos socios europeos cando garantiu que se alcanzaría o 6% fixado
para 2011. A desviación é de 2,5 puntos, e prodúcese tanto no Estado como nas
autonomías. Esta é a herdanza do PSOE, que sumado aos máis de cinco millóns de
parados, converten a España nun reto difícil que o Goberno de Mariano Rajoy
está comprometido a reconducir.
Galicia
foi a segunda autonomía con mellor comportamento fiscal. A desviación de tres
décimas do 1,3% previsto é menor, xa que demostra o rigor orzamentario da Xunta
e a súa intención de controlar o seu endebedamento. Ademais, permite á
comunidade gañar credibilidade e confianza entre os mercados para financiarse a
un menor custo. É un cumprimento de facto da estabilidade orzamentaria, que un
ano máis só comparte con Madrid.
No
resto de autonomías, é evidente que as máis incumplidoras son aquelas en as que
gobernaba o PSOE até o 22-M, e nas que o PP descubriu déficits e facturas
ocultas. É o caso de Estremadura, Castela A Mancha ou Baleares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario