Os
populares galegos sumámonos á petición do presidente Feijóo para que o Goberno
expoña a nivel estatal unha fórmula para o redeseño do mapa municipal.
Entendemos que ao ser unha figura recollida na Constitución, debe ser o Estado
o que lidere esta reforma estrutural e organizativa do territorio.
Galicia,
mentres tanto, debe camiñar na dirección da colaboración e a cooperación entre concellos
á hora de prestar os servizos públicos. Como onte dixo o presidente da Fegamp,
é “unha obrigación a curto prazo”. Garantirá unha mellor eficacia dos cada vez
máis limitados recursos dos municipios, blindando as prestacións de servizos
sociais. Trátase dunha medida que permitirá a moitos concellos sortear a crise
en que vivimos, sen prexudicar aos seus veciños.
En
calquera caso, gustaríanos que o PSOE aclarase a súa posición e non dixese unha
cousa e a súa contraria, como ocorre coas deputacións provinciais. Seguro que
Abel Caballero non lle comentou a Gómez Besteiro que quere eliminar as
deputacións provinciais. E tampouco se entende que o alcalde de Vigo aprobe
unha moción así, cando fai oito meses postulaba a Carmela Silva para presidir a
de Pontevedra. Aínda que como de costume, no PSOE falan todos menos Pachi, que
é un líder irrelevante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario