Gerardo Conde Roa declarou onte ante o xuíz, quen aínda non se
pronunciou formalmente a través dun auto confirmando a imputación e baseándoa
nun razoamento xurídico. O PP actuará aplicando os seus Estatutos en función do
que ditamine o xuíz instrutor. As normas do partido establecen que as
imputacións por comportamentos dolosos levan a apertura dun expediente
informativo.
O presidente Feijóo fixou onte a postura do PPdeG: “o rigor que se lle
pide a un político está por encima do que se lle pide ao resto de cidadáns, á
maioría da sociedade”. Cremos que é unha reflexión oportuna e de aplicación en
todos os casos que afectan hoxe en día á vida política.
En calquera caso, estamos a ver os diferentes comportamentos entre uns
partidos e outros. No PP, o debate é se se actuará internamente en función do
que ditamine o xuíz; outros partidos con relevantes cargos imputados por
supostos delitos igual de graves nin sequera o plantexan.
Non parece que sexa o momento de buscarlle substitutos a Conde Roa á
fronte da Alcaldía de Santiago, porque sería anticiparse á acción da Xustiza.
Os populares consideramos que Conde Roa deu as súas explicacións á sociedade e
ao xuíz, e agora haberá que ver como se suceden os acontecementos, e sempre
respectando a presunción de inocencia que é innata a todo cidadán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario