A saída do PNG, sumada á escisión dos “irmandiños” e dos colectivos
agrupados en Mais Galicia deixa ao Bloque convertido na marca branca da UPG. Máis
que nunca, o BNG quedou convertido nun refuxio de radicais, cuxas propostas non
sintonizan co sentir xeneralizado da sociedade galega, que xa non aceptan
dogmas de tempos pasados.
Ante un BNG desmembrado polas súas hemorraxias internas e un PSdeG no
que a metade do partido non cre no seu actual líder, o PP e o presidente Feijóo
son a única opción para garantir un goberno serio, responsable, cun proxecto
para Galicia co que saír da crise e recuperar a senda do crecemento económico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario