O PP respecta a decisión do Xulgado de Ferrol que instruía a “Operación
Arena” e que sobresee a causa contra o ex deputado popular Javier Escribano.
Establécese no auto que non houbo tráfico de influencias por parte de Escribano
para que a Xunta interesase específicamente polos problemas empresariais de
Fermín Duarte, nin existiu trato de favor algún desde a administración
autonómica.
Os populares galegos congratulámonos de que Escribano puidese defender
e probar a súa inocencia, e que o fixese sen a presión engadida de ser deputado
autonómico. Esta é outra diferenza entre o PP e o PSOE: uns renuncian ás súas
actas nas cámaras lexislativas, e outros se aferran a elas para ser xulgados
polo Supremo e non por un xuíz de instrución común.
No hay comentarios:
Publicar un comentario