
Por iso, desde Galicia pensamos que se poden introducir novos criterios
na prestación farmacéutica ademais do de idade, que nestes momentos é o único
en vigor. Entendemos que as rendas máis altas poden facer o pequeno esforzo de
pagar máis polos medicamentos. Non ten sentido que un xubilado cunha pensión de
2.000 euros teña fármacos gratis e os 5,3 millóns de parados teñan que pagar
por eles.
Galicia xa demostrou que se poden tomar medidas para reducir o gasto
farmacéutico, como o catálogo priorizado, sen que iso afecte á prestación
sanitaria nin á efectividade dos medicamentos. E todo iso, xerando un aforro de
cen millóns de euros ao ano.
O único que temos claro é que, como noutros tantos ámbitos da nosa
economía, a situación non pode perpetuarse tal e como está.
A pesar da demagoxia do PSOE, do seu cinismo e da súa mala memoria, o
PP está determinado a garantir a solvencia e sustentabilidade dos servizos
públicos que os socialistas deixaron en quebra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario