jueves, 19 de abril de 2012

PARTICIPACIÓNS PREFERENTES


A Xunta está a desenvolver unha completa estratexia de apoio aos consumidores afectados pola adquisición de participacións preferentes desde o punto de vista da información, o asesoramento, a tramitación de reclamacións e a procura de solucións.

Para iso, desde o primeiro momento o Goberno galego reforzou os puntos de atención de Consumo coa posta en marcha de 4 novos puntos comarcais de atención especializada (situados nas zonas onde se detectou maior demanda de atención -Cangas, O Rosal, Ponteareas e Vilagarcía) que atenden persoalmente a todos os interesados e completan a acción das oficinas do IGC nas 7 grandes cidades, as oficinas provinciais e municipais de atención ao consumidor e das asociacións de consumidores, en total, ao redor dun centenar de puntos.

Ademais, a Xunta está a levar a cabo para a procura de solucións:

·      Encontros coa Fiscalía, as asociacións de consumidores e NGB

·      Tramitando as reclamacións ás entidades bancarias e administracións competentes (Banco de España, CNMV)

·      Reforzando a formación de especialistas para garantir un bo servizo informativo a disposición dos consumidores afectados.

O presidente Feijóo está a resolver un problema que a actual Xunta non só non xerou, senón que se desenvolveu na anterior lexislatura, sen que entón houbese reacción algunha. O produto financeiro das preferentes estivo autorizado polo actual Banco de España, elixido polo PSOE, e a CNMV, elixido polo PSOE. En Galicia, o 80% das preferentes vendéronse na época do bipartito. Exercendo a súa responsabilidade, o presidente Feijóo está a buscar a mellor solución posible para que esta fraude consentida polas autoridades socialistas se resolva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario