martes, 29 de mayo de 2012

ACORDO PEMEX


As xestións do presidente Feijóo e do presidente Rajoy conseguiron para Galicia un histórico pedido da petroleira Pemex, que dará traballo a 2.500 operarios e supoñerá un investimento de 310 millóns de dólares en concepto de 14 remolcadoras. Feijóo é o presidente da recuperación. É unha emenda á totalidade do discurso derrotista da oposición, que cuestionaba a capacidade da Xunta para conseguir carga de traballo para os estaleiros vigueses.

Este contrato, que é unha realidade, prodúcese apenas 24 horas despois de que o Goberno e a Xunta silenciasen ao comisario Almunia poñéndolle encima da mesa unha proposta alternativa ao “tax lease” que non pode rexeitar. O Goberno desbloqueou en cinco meses un problema que o PSOE non soubo solucionar e deixou en herdanza para poder criticar ao PP. Produce certo rubor que o BNG atribúa este éxito á súa eurodeputada.

O acordo con Pemex ten ademais en conta os intereses xerais de Galicia, xa que deixa a porta aberta a que a petroleira utilice como base o Porto Exterior da Coruña e se deriven posibles barcos militares aos estaleiros de Ferrol. A Xunta demostra así que se pode traballar polo ben do país sen caer en localismos nin enfrontamentos estériles.

A Xunta cumpre así o seu compromiso co sector naval de Galicia. O liderado do presidente Feijóo e o respaldo do presidente Rajoy dan os seus froitos. A oposición debería desculparse ante os galegos por dubidar da palabra do presidente cando realizou este anuncio semanas atrás, e poñerse detrás dos intereses dun sector crucial para Galicia. Mentres Feijóo traballa por Galicia, Pachi limítase a xerar desconfianza, poñer obstáculos e patalear con tal de gañar un titular.

A primeira gran noticia para o naval galego xa está dada. Os populares galegos seguiremos traballando para que se produza a segunda, e ese é o anuncio de carga de traballo para os estaleiros de Ferrolterra. Do mesmo xeito que as xestións discretas foron efectivas, desexamos que se deixe traballar aos dirixentes políticos e non se utilice o drama humano do desemprego para tensar á sociedade ferrolá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario