miércoles, 30 de mayo de 2012

RENOVACIÓN VALEDOR


O PP congratúlase de que o PSOE actuase de forma responsable e aceptase a designación de José Julio Fernández como Valedor do Pobo de maneira interina, ata que se elixa á persoa que ocupará o cargo de forma definitiva. Os socialistas, que son responsables do dano que se fixo á institución, deben colaborar para devolverlle o prestixio perdido nas últimas semanas pola súa campaña contra Benigno López.

Os populares consideramos que José Julio Fernández posúe un perfil adecuado para desempeñar o cargo neste tempo de interinidade, sen que iso supoña mingua algunha na institución do Valedor. Confiamos plenamente nas súas capacidades, e iso dános a tranquilidade para poder dialogar coa oposición para designar ao futuro Valedor.

Garantida a estabilidade da institución, os populares queremos aproveitar este momento para expoñer reformas que simplifiquen a súa estrutura, garantan a súa viabilidade e reduzan o custo que poida ter. Esperamos que neste compromiso coa austeridade poidamos contar co PSOE.

A designación do novo Valedor debe facerse sen présa pero sen pausa. Se fai cinco anos o bipartito tardou seis meses en propor a unha persoa de consenso, cremos que podemos permitirnos unha marxe para o diálogo e o acordo sen estar obsesionados cos prazos. Só esperamos que Pachi non boicotee esta elección como fixo co director da CRTVG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario