
A intención do Ministerio é equiparar ao 50% os alumnos que se
matriculan en bacharelato e FP, que actualmente está repartido nun 70-30, respectivamente.
O obxectivo é que os estudantes non saian só preparados para o mercado laboral,
senón que o fagan mesmo cun posto de traballo. España non pode ser o país da UE
cun maior paro xuvenil. Este é o obxectivo deste decreto de formación.
Por outra banda, os populares apoiamos a reforma da materia de
‘Educación para a Cidadanía’, que o PSOE creara de forma unilateral e xerara
rexeitamento en amplos sectores da sociedade española. O contido dunha materia
non pode enfrontar aos españois, e esa é a guía que adopta o Ministerio.
Por último, Galicia solicitou unha aplicación flexible das novas
condicións para a concesión de bolsas. Estamos de acordo con reforzar o valor
do esforzo e o traballo, e premiar o mérito e a capacidade. Pero o actual
contexto de dura crise debe expoñernos algunha reflexión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario