miércoles, 16 de mayo de 2012

PLAN DEMOGRÁFICO


A loita contra o despoboamento e a baixa natalidade en Galicia foi unha preocupación constante deste Goberno. Por primeira vez abriuse unha comisión no Parlamento para estudar esta problemática. E agora, a Xunta presenta un plan para o impulso demográfico da comunidade que tente corrixir a medio e longo prazo a tendencia negativa de perda de poboación.

As principais medidas, que hoxe debullará a conselleira de Traballo e Benestar, van encamiñadas a beneficiar fiscalmente e na concesión de axudas públicas a quen máis fillos teña, unha demanda que os colectivos de familias numerosas pediron repetidamente.
No entanto, isto non é unha tarefa que compete exclusivamente á Xunta, ó PP ou ó Parlamento. É unha tarefa de país, un obxectivo común de toda a sociedade no que deben participar todos os axentes políticos e sociais, co fin de frear o saldo negativo de poboación que ten Galicia e se poñan as bases para un futuro solvente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario