Galicia sae satisfeita da reunión no Ministerio, porque recibiu un
aprobado con nota ao seu plan de axuste para cumprir co obxectivo do 1,5% do
déficit. De novo, o traballo rigoroso, planificado e solvente da Xunta recibe o
seu merecido. Dos 18.349 millóns de euros que as autonomías terán que axustar,
a Galicia só lle corresponden 69. É un éxito colectivo que demostra que os
esforzos dos galegos teñen premio.
Mentres outras autonomías teñen que subir os impostos ás clases medias,
introducir un euro por receita, pechar hospitais enteiros, aumentar o número de
alumnos por clase, implantar novas taxas para a FP, baixarlles o soldo de novo
aos funcionarios e vender empresas públicas, Galicia apenas reducirá 26 millóns
en gasto corrente secundario e aumentará a loita contra a fraude fiscal.
Mentres outras autonomías estiveron vivindo por encima das súas
posibilidades, deixando sen pagar aos seus provedores, Galicia aplicou a machada
desde o primeiro día o “non gastar máis do que se ten”, o que lle permitiu
cumprir por tres anos consecutivos co déficit e non necesitar créditos do
Estado para pagar as súas débedas. E sen reducir as prestacións sociais nin o
investimento en hospitais, estradas ou dependencia.
Mentres dúas autonomías teñen a súa débeda cualificada de bono lixo e
outras dúas están ao bordo, Galicia ostenta a cualificación máis alta posible,
e as axencias de rating recoñecen que debería ter unha nota maior á do propio
Estado, xa que a súa solvencia está máis que garantida. Os esforzos mereceron a
pena. Os galegos debemos estar orgullosos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario