Compartimos a preocupación de toda a comarca de Ferrolterra pola
situación do naval. O PP insiste en que se trata dun sector estratéxico para
Galicia, que paga agora as consecuencias da completa inacción do PSOE durante o
seis anos no Goberno, nos que foi incapaz de conseguir un só contrato para os
estaleiros ferroláns, nin tampouco de levantar o veto imposto pola UE.
Pola contra, tanto a Xunta como o Concello de Ferrol están a levar a
cabo un proceso de diálogo co Ministerio de Industria, liderado polo presidente
Feijóo, para desbloquear as reticencias que puidese haber e dar luz verde aos
distintos proxectos que se expoñen para os estaleiros. Por iso, valoramos
positivamente aínda que con cautela a decisión do presidente da SEPI de viaxar
este próximo mércores a Ferrol para entrevistarse cos alcaldes da comarca e os
sindicatos.
Non imos abandonar ao sector naval, nin ao radicado en Ferrolterra, nin
ao localizado na ría de Vigo. Son dous motores económicos de Galicia. A Xunta
está a actuar no plano político en todas as frontes para devolverlles a
actividade no menor tempo posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario