martes, 22 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O PP conmemorou un ano máis o Día das Letras, e sumouse aos actos da Xunta en recordo do homenaxeado este ano, o escritor Valentín Paz-Andrade. Os populares levamos marcado o noso carácter galeguista no ADN, tanto na nosa ideoloxía como nos nosos corazóns.

Respectamos as manifestacións daqueles que critican a política lingüística da Xunta, pero o certo é que fronte ás polémicas constantes que se sucedían durante o bipartito, agora gózase dun período de convivencia das dúas linguas oficiais na que non hai controversias nin tensións. É máis, o que hai é unha aposta polo trilingüismo. Antes había conflito, agora hai convivencia pacífica.

Os galegos seguen podendo elixir en liberdade a lingua en que expresarse. A lingua propia de Galicia goza de máis espazos que nunca na súa historia, dignificada desde a clase política, estendida grazas ao ensino e os medios de comunicación públicos, e globalizada grazas a Internet.

Lamentamos que a pesar desta túzara realidade, haxa responsables políticos que opten pola demagoxia, pola pancarta fácil, polo spray e polo oportunismo. Que o BNG se radicalice neste sentido xa non nos estraña. Que o PSOE secunde estas mobilizacións é traizoar a unha maioría social que non entende de disputas lingüísticas e quere convivir en paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario