Pachi Vázquez quere evitar como sexa as primarias do seu partido para
elixir o candidato ás próximas autonómicas, porque non ten garantía algunha de
que as vaia a gañar. Dun PSOE no que había una certa unidade ao redor do seu
anterior secretario xeral pasouse a un partido onde afloran os sectores
críticos en todas as provincias, en todas as cidades. A maior agrupación local
de Galicia emendou a xestión de Pachi, incluído o seu propio voceiro
parlamentario, e gañou polos pelos o último congreso rexional.
Ante este panorama e a perspectiva de poder enfrontarse a Caamaño ou
Besteiro para ser o candidato, Pachi pide eleccións canto antes para evitar
unha dobre derrota: nas urnas a mans dos cidadáns, e nas primarias a mans dos
seus militantes.
O presidente Feijóo, a Xunta e Galicia non están en disposición de
encartarse aos intereses de Pachi e o PSOE. Os problemas internos dos
socialistas non poden condicionar a axenda de reformas comprometida polo PP
para este tramo final de lexislatura. Onte o presidente Feijóo insistiu en que
non se contempla adianto electoral algún. Calquera data que se dea non é senón
unha especulación sen fundamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario